• 2024-03-28 12:00:21
    Concello

    O Concello de Touro poñerá de novo en marcha a biblioteca municipal que leva anos pechada.

    Será o 8 de abril e terá horario de 16:15 a 20:15 horas de luns a venres. 

    Terá servizo de préstamo de libros e de ordenadores portátiles, espazos para a lectura en sala, aula de estudo e rincóns para a infancia. Tamén se programarán exposicións, presentacións de obras e encontros con escritor@s.




    Adjuntos: