• 2024-03-29 11:01:12
    Formación

    O Concello de Touro organiza 10 talleres para contribuír á formación en novas tecnoloxías



    Será entre o 15 e o 26 de abril e nos vindeiros días o Concello publicará o cartel específico de cada taller para informar dos horarios e aportar máis detalles.



    Unha parte estará dirixida á poboación en xeral, sobre todo a mozos e adultos, e outra, ás pequenas e medianas empresas.



    Abordarase como levar a cabo, entre outras accións, os trámites na Seguridade Social, como usar a banca dixital, como solicitar citas médicas de maneira online, as distintas ferramentas de negocio, a seguridade en internet ou as redes sociais.



    Adjuntos: