• 2024-04-08 16:45:37
    Formación

    Como xa adiantamos en días pasados, o Concello de Touro organiza 10 talleres para contribuír á formación en novas tecnoloxías. Será entre o 15 e o 26 de abril.


    Unha parte estará dirixida á poboación en xeral, sobre todo a mozos e adultos, e outra, ás pequenas e medianas empresas.
     
    Abordarase como levar a cabo, entre outras accións, os trámites na Seguridade Social, como usar a banca dixital, como solicitar citas médicas de maneira online, as distintas ferramentas de negocio, a seguridade en internet ou as redes sociais.



    Toda a programación na imaxe que se adxunta



    Adjuntos: