• 2024-04-15 13:01:11
    PAI

    O CÉ ORQUESTRA PANTASMA ESTARÁ EN TOURO O 26 DE ABRIL



    Será na Casa da Cultura ás 12:00 horas.



    É unha actividade do Punto da Atención á Infancia e chega co seu espectáulo 'Fíos do Querer'. Dirixido a cativos de 0 a 3 anos. Acompañados dos seus pais, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño…



    Espectáculo dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.



    Adjuntos: