• 2024-06-11 21:18:46
    Deportes

    Este domingo 16 de xuño volve outra das andainas do programa Touro Anda. Será pola senda do Río Tea de 8,5 quilómetrosÉ de dificultade baixa. Visitaremos o pobo de Mondariz e logo andaina será á beira do río para desfrutar de Pontellas, muíños e praias fluviais.



    Saída dende o Concello ás 9:00 horas. Cada un dos participantes deberá levar auga, gorra, protector solar e comida para picnic. Aconséllase calzado con agarre tipo treking.



    Inscricións
    Os interesados deben anotarse a través da web do Concello https://appreservas.com/.../prod.../662f89b48c5682724fc3d26a , por teléfono (981 504 029) ou de xeito presencial no departamento de Deportes do Concello de Touro.



    O prezo é de 10 euros por cada andaina e os que se apuntan a todas terán unha bonificación dunha, polo que pagarán en total 40 €. Para levarse a cabo ten que haber un mínimo de 20 anotados.




    Adjuntos: