• 2024-06-14 21:53:11
    Cultura e Turismo

    O Concello de Touro organiza unha saída á Ribeira Sacra para o sábado 13 de xullo. Visitarase o mosteiro de Santo Estevo e irase en catamarán.




    O prezo da saída será de 15 euros por persoa. Comida por conta propia. 


    O prazo de inscrición será dende o luns, 17 de xuño, ata o 5 de xullo. Poden anotarse no departamento de Cultura do Concello ou a través do 981 50 40 29. Hai prazas limitadas.



    Adjuntos: