• 2024-08-13 13:32:43
    Deportes

    O Plan Corresponsables da Xunta promove a conciliación e o deporte, e xunto á Federación Galega de Tenis, tamén se levará a cabo en Touro e neste caso, con clases de tenis gratuítas.

    Está dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos e será os sábados e domingos de 10:00 a 13:00 horas.

    O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de agosto e as inscricións só son válidas se son feitas polo pai/nai ou titor do alumno.

    Inscricións e máis información na web e nas redes sociais do Concello.