-
EXPOSICIÓN ITINERANTE: “ADOLESCENCIA ANTE A VIOLENCIA MACHISTA”.2024-09-11 11:27:34Formación
EXPOSICIÓN ITINERANTE: “ADOLESCENCIA ANTE A VIOLENCIA MACHISTA”
Trátase de 30 reproducións de ilustracións basadas nas vivencias e percepcións de adolescentes sobre a violencia machista, representadas por cinco ilustradoras. Os testemuños foron recollidos no informe “Vivencias, actitudes e percepcións sobre a violencia de xénero en adolescentes da Comunidad de Madrid”, no marco do proxecto “10 EN IGUALDADE” , realizado pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres (CIMTM).
Esta exposición está no concello de Touro durante o mes de setembro. A súa primeira parada é o CPI Fonte Díaz, onde se atopa actualmente. Ademais, unha vez se inicie o curso escolar, acordarase co profesorado un obradoiro específico para Educación Secundaria. Posteriormente, anunciarase o resto de sitios nos que abrirá para exposición pública en xeral.
Adjuntos: