-
ABERTO O PRAZO PARA O CURSO CIDADÁS, MULLERES COIDADORAS NO MEDIO RURAL2024-09-18 12:38:21Servizos Sociais
Lembramos que o curso Cidadás, mulleres coidadoras no medio rural impartirase en Touro e que está aberto o prazo para anotarse ata o 27 deste mes e é gratuíto.
Está aberto o período de inscrición para o curso que será impartido no noso Concello polo Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio rural de Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña.
Trátase de dar apoio a aquelas mulleres que se atopen coidando, ou coidasen ao longo da súa vida, a persoas con diversidade funcional, principalmente.
Será os martes dende 1 de outubro ao 19 de novembro na Casa da Cultura de 10:30 a 12:30 horas.
Inscrición chamando aos seguintes teléfonos: 981 504 029 ext. 2010 ou 651 785 212, ou ben por correo electrónico: saicgalicia@fundacionmujeres.es
Contido do Curso (8 sesións entrevista co formador): Saúde e autocoidado; relaxación, uso do móbil, corresponsabilidade e Stand Up contra ou acoso na rúa.
Adjuntos: