-
LETI DA TABERNA ESTARÁ EN TOURO O DÍA 52024-09-24 11:16:23Cultura
O sábado 5 de outubro ás 20:30 horas terá lugar na Casa da Cultura de Touro un monólogo de Leti da Taberna.
É o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.
Adjuntos: