• 2024-11-19 18:15:02
    Desenvolvemento Local

    A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora paradas de autobús en Touro.

     As persoas interesadas poderán presentar alegacións por un prazo de 30 días hábiles, a contar a partir de onte, luns, 18 de novembro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, día 15, o anuncio deste trámite.

    Permitirá mellorar 31 paradas no noso municipio. A Xunta ten como obxectivo poder licitar a execución das obras ao longo do ano 2025. O prazo de execución das obras é de 18 meses.

    Máis información na web:
    https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/2976:proxecto-de-mellora-de-accesibilidade-e-cone...