-
EN CONTRATACIÓN AS OBRAS DE MELLORA DO LOCAL SOCIAL DE CIRCES2025-06-05 11:08:23Concello
O Concello de Touro somete a contratación as obras de mellora do local social de Circes e o peche do campo da festa.
As actuacións permitirán a mellora do illamento e impermeabilización da cuberta e paramentos exteriores, así como a mellora estética do conxunto; corrixindo o impacto paisaxístico que produce a cuberta actual de fibrocemento ou muros sen revestimento. Tamén se actuará sobre o peche frontal do campo da festa, que se atopa en mal estado de conservación, conquerindo a súa integración estética ca edificación.
Trátase dun espazo que é punto de encontro dos veciños e veciñas de Circes e no que desenvolven unha intentesa actividade social, cultural e de lecer durante todo o ano. Todas esta melloras repercuten moi positivamente na parroquia.
O goberno municipal agarda formalizar canto antes a contratación e a execución das obras para poñelas a disposición da veciñanza canto antes.
Estas obras están financiadas en parte cunha subvención da Xunta de Galicia para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.