-
A DIFUSIÓN TURÍSTICA DE TOURO CHEGA A TODA A PENÍNSULA A TRAVÉS DA EUROVELO COMPOSTELA2025-06-07 17:05:00Cultura e Turismo
Máis de 1.900 cicloturistas procedentes de toda a Península, incluído Portugal, daranse cita o vindeiro domingo día 15 na I Marcha EuroveloCompostela na que Touro ten un papel protagonista.
Este evento encádrase dentro do programa de promoción turística que está desenvolvendo o Concello de Touro e en particular da ruta Eurovelo 3 – Ruta dos Peregrinos en Bicicleta. Cada participante dos/as máis de 1.900 inscritos/as poderá desfrutar en primeira persoa das fermosas paisaxes de Touro a través desta ruta, convertendo esta marcha nun escaparate turístico. Recibirán na súa bolsa de benvida información turística do noso Concello, axudando á súa difusión nas súas localidades de orixe.
O Concello de Touro, aproveitou a entrega do material promocional, para agradecer a colaboración e disposición dos clubes organizadores.