• 2025-06-14 16:41:08
    Concello

    O Concello de Touro recepcionou nas últimas semanas o primeiro lote do ano 2025 de obras de melloras de viario público financiadas pola Deputación da Coruña. O importe total de execución destas obras ascendeu a máis de 305.000 euros.

    Os investimentos executados foron os seguintes: 
    • 70.220 euros no Asfaltado de Touro a Novefontes e Asfaltado A Muíña (Quión).
    • 82.640 euros en Asfaltado de Tarrío a Belvís (Bama), Asfaltado de Liñarede á Quintá (Quion), Asfaltado á aldea da Ribeira (Turces), Asfaltado de Rilo a Cezar (Calvos) e Beiravías no núcleo de Corneda (Prevediños).
    • 53.020 euros euros no Aglomerado en Subres (Cornado) e Asfaltado de Beseño de Abaixo.
    •  39.420 euros Asfaltado en Oca de Riba (Beseño), Asfaltado en Campelo (Bama) e Asfaltado da estrada de Millares Pequeno a Millares Grande (Prevediños e Bama).
    • 60.220 euros Aglomerado da Igrexa a Beseño de Baixo e Beseño de Riba.



    Adjuntos: