-
SATISFACCIÓN POLA BOA VALORACIÓN DAS PARTICIPANTES NA ESCOLA DE FAMILIAS DE TOURO2025-06-26 21:02:56Servizos Sociais
Ao longo do curso escolar 2024-2025 o Concello de Touro, a través da área de Servizos Sociais, desenvolveu o programa Escola de Familias, en colaboración ca ANPA A Santaia do CPI de Fonte Díaz e o conxunto da comunidade educativa.
Esta actividade está dirixida a familias da comunidade escolar. Desenvolveuse a través de 7 obradoiros impartidos cada un por profesionais nas distintas materias e coordinados pola Educadora Social do concello. Os contidos abordados responderon ás necesidades expresadas polas familias e adaptáronse aos intereses e preocupacións actuais na crianza e educación dos seus fillos/as; cos seguintes títulos:- Malos fumes.
- Saúde mental infantil.
- Saúde afectivo-sexual.
- Non son capaz de controlar a educación dos meus fillos.
- Socorro, o meu fillo non me entende.
- Pais e nais conectados (protección no mundo dixital).
- Os meus fillos non me contan nada.
A enquisa de valoración feita ás familias desprendeu un resultado altamente satisfactorio, tanto na organización como nos contidos, metodoloxía, poñentes e utilidade práctica. Así mesmo recolléronse suxestións, inquietudes e necesidades de cara a programación do vindeiro curso 2025-2026.
O concello congratúlase do compromiso das familias ca educación consciente e actualizada, e da colaboración no deseño dunha programación útil, cercana e aliñada cas realidades do día a día.