• 2025-06-28 17:42:29
    Servizos Sociais

     28 de xuño: Día Internacional do Orgullo LGTBQIA

    Hoxe é unha data para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.



     A loita do colectivo LGTBQIA non é só unha loita polo recoñecemento legal, senón tamén unha loita por vivir con dignidade, sen medo, sen violencia e sen discriminación. É unha loita pola liberdade de ser, estar e existir. LOITEMOS OS 365 DÍAS NO ANO POLA LIBERDADE DE SER E SENTIR.



    Adjuntos: