-
TOURO CONTRATA A RECUPERACIÓN DUN EDIFICIO PARA LOCAL DE FORMACIÓN2025-06-29 11:15:11Concello
O Concello de Touro somete a contratación as obras para a recuperación do edificio situado xunto ás piscinas municipais e destinalo a local de formación. Esta edificación foi destinada inicialmente ao servizo de protección civil e logo para formación en obradoiros de emprego, pero dende fai anos que está en desuso polo mal estado de conservación e falla de mantemento.
As actuacións inclúen a rehabilitación da cuberta e falso teito, reforma dos espazos interiores para facelos accesibles e útis, substitución de carpinterías e reparación das instalacións.
Co esta execución dótase ao concello dun espazo destinado á formación e participación veciñal, apoio ao tecido asociativo e ao emprendemento local; con perspectiva da promoción da igualdade e diversidade. Unha vez posto en funcionamento, poderá ser usado polos colectivos e asociacións para as súas iniciativas e actividades e polo Concello.
As obras permiten dar nova vida a un edificio que leva anos inutilizado polo seu mal estado; e sobre todo, satisfai necesidades da veciñanza do municipio.
A actuación ten un orzamento de case 60.000 euros, dos que 40 mil euros son achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención para creación de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O resto do importe achégao o Concello de Touro con fondos propios.