• 2025-09-05 13:50:29
    Concello

    O Concello de Touro informa dos acordos establecidos onte durante a celebración do pleno de organización: 


    Réxime de indemnizacións e asistencias:

    • Mantéñense as indemnizacións e a periocidade dos plenos ordinarios: o segundo xoves de cada mes ás 21:00 horas.
    • Asistencias a sesións dos órganos colexiados:

    *Sesións plenarias: 150 €
    *Sesións da Xunta de Goberno: 150 €
    *Reunións das Comisións informativas: 150 €

    *Os gastos de desprazamento por servizos ou xestións oficiais serán aboables previa xustificación.



     Dedicación do alcalde

    O alcalde non terá dedicación, polo que non terá soldo e só cobrará as asistencias a órganos colexiados como o resto de concelleiros. Isto supón un aforro aproximado de 40.000 € anuais respecto ao anterior goberno, que serán liberados dos orzamentos para executar diferentes inversións no municipio. O alcalde substituto percibirá 2.200 € brutos durante o período de vacacións do alcalde.

    Tamén se acordou a estrutura das áreas de goberno e concellarías delegadas que a podedes consultar na imaxe que adxuntamos: 



    Adjuntos: