• 2025-09-11 19:05:55
    Concello

    O goberno municipal levará hoxe a pleno a aprobación dun paquete de obras por un importe total de 295.806 €, financiadas con cargo ao Plan POS Adicional 2/2025 e cunha achega complementaria do Concello, tras o acordo alcanzado entre o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro non adscrito Darío Rey.

    As actuacións previstas permitirán mellorar diferentes espazos e infraestruturas municipais, dando resposta a demandas veciñais e contribuíndo a seguir avanzando no benestar da veciñanza. Inclúense obras estratéxicas que facilitan a comunicación con núcleos de traballo ou servizos.

    Entre os proxectos inclúese a mellora da estrada de Grixó, que permitirá que os traballadores de todo o concello que prestan servizos en Camporrapado volvan a utilizar esta vía, acurtando notablemente o traxecto. A intervención en Tribás, ademais de atender aos veciños dese núcleo, tamén beneficiará aos de Arinteiro e Torreis, e inclúe, xunto co tratamento asfáltico con aglomerado, a construción dun pozo e dun sumidoiro para mellorar a drenaxe.

    Outra novidade destes proxectos é que o formigón empregado en contornos naturais será de cor ocre, co obxectivo de adaptarse mellor á contorna e respectar o carácter paisaxístico das zonas.

    Estas obras acometeranse a finais de inverno e comezo da primavera. O vindeiro mes de outubro, o goberno levará a pleno outro paquete de intervencións urxentes, como a mellora da captación municipal de auga, o arranxo da piscina e outros proxectos estratéxicos para o concello. A pesar de aprobarse con carácter posterior, poderán sacarse a concurso mesmo con anterioridade, ao ser financiadas con remanente, o que simplifica notablemente a tramitación burocrática.

    Obras incluídas no proxecto:
    • Ponte Remesquide
    • Acceso ao campo de fútbol municipal 
    • Pista Cruz Méndez – Tribás
    • Acceso interior de Cillobre
    • Pista de Grixó
    • Camiño de acceso ao lavadoiro da Muíña
    • Camiño interior no núcleo de Obra
    • Pista da Gordela – Turces
    • Pista Quintáns – Prevediños
    • Pista Vilanova – Loureda – Louredela



    Adjuntos: