-
O CONCELLO DE TOURO IMPLEMENTA UN NOVO SERVIZO2025-09-24 19:50:39Concello
O Concello de Touro implementa un novo servizo. Falamos de Comunica! É un servizo municipal de incidencias, consultas e propostas a través do Bando Móbil. Como por exemplo, para comunicar que hai unha farola que non fuciona, unha rúa en mal estado, o lixo sen recoller...
A través deste servizo, a veciñanza poderá reportar incidencias, formular consultas e propoñer novas ideas ao Concello. Todo desde o teléfono móbil e dun xeito sencillo e intuitivo! Nas nosas redes sociais explicámolo todo a través dun vídeo. Compartimos o enlace de Facebook: https://www.facebook.com/100064601955258/videos/24808203695441778