-
TOURO, ESCENARIO DE 'ANIMAL', A SERIE DO MOMENTO!2025-10-09 12:33:09Cultura e Turismo
O noso concello é protagonista! Parte da serie Animal de Netflix, unha das producións máis impactantes do momento, foi rodada en Touro. Esta está protagonizada polo gran Luis Zahera.
O Pazo de Dioño, na parroquia de Cornado, é o fogar do protagonista! Pero ademais desta gran mostra da arquitectura tradicional, as nosas paisaxes, camiños e recunchos, como algunha granxa, foron o escenario perfecto para dar vida a esta historia chea de emoción e intriga.
É un orgullo ver como Touro atrae o interese do mundo audiovisual, amosando a súa beleza natural e o seu potencial como lugar de rodaxe. Sen dúbida: Touro é natureza, historia e agora tamén cine!
*Fonte da foto: Netflix