• 2025-11-11 10:18:25
    Concello

    A Corporación Municipal de Touro celebrará o xoves, 13 de novembro, o pleno ordinario deste mes. Durante a sesión abordaranse os investimentos que se van facer co remanente para dar solución ao problema de auga e tamén outras actuacións relacionadas co Patrimonio.



    Así os proxectos do goberno municipal que se aprobarán no pleno do xoves son:

    • Por un lado, figura a renovación das instalacións da piscina municipal e a construción de novo vaso infantil. Ademais, inclúe tamén a reordenación do espazo con maior zona verde para a veciñanza todo o ano.
    • Por outro, a mellora do bombeo da captación da ETAP de Touro 1ª fase, en concreto, terá lugar a renovación de ramais de abastecemento en Loxo-Enquerentes, debido a que é a zona onde se están rexistrando maiores incidencias coa auga. Así con este proxecto preténdese minimizar as fugas na rede.
    • En canto ás actuacións vencelladas ao Patrimonio do municipio, están a recuperación do Cruceiro de Calvos e tamén unha intervención arqueolóxica no Coto de San Sebastián, a primeira que se fará neste lugar clave do patrimonio local e que permitirá obter información do mesmo ao longo do tempo.

    Estes proxecto irán ao pleno deste xoves co obxectivo de estar executadas antes do verán. Deste xeito, cúmprese o acordo de goberno entre o concelleiro Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo, aprobando estas obras clave para o concello en menos de 3 meses dende a investidura.



    Adjuntos: