• 2025-11-14 13:07:59
    Desenvolvemento Local

    O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación decretou o confinamento, dende onte, xoves 13 de novembro 2025, de todas as aves de curral que se crían ao aire libre en España. Trátase dun reforzo das medidas preventivas fronte á influenza aviaria ante o aumento do risco de expansión desta enfermidade altamente infecciosa.


    A orde ministerial, publicada onte, no Boletín Oficial do Estado, estende a todas as granxas avícolas, incluídas as explotacións ecolóxicas e as de autoconsumo ou as que produzan carne ou ovos para a súa venda directa ao consumidor

    Podedes obter toda a información na orde publicada na seguinte ligazónhttps://cutt.ly/mtwLrkQf



    Adjuntos: