-
O PORQUÉ A PISTA DE PÁDEL AÍNDA NON PODE ABRIR AO PÚBLICO2025-11-24 20:29:23DeportesO Concello informa de que a pista de pádel non poderá ser aberta ata os primeiros meses do ano 2026 debido ás múltiples deficiencias detectadas no proxecto impulsado polo anterior goberno municipal. Estas carencias, presentes incluso antes da súa posta en funcionamento, provocarán sobrecustos e a necesidade de ampliar os prazos de execución para garantir unha instalación segura, funcional e acorde ás necesidades da veciñanza.
Entre as deficiencias detectadas destacan:- Ausencia de lonas de peche, o que permite a entrada de choiva na pista e impide o uso correcto da instalación en condicións climatolóxicas adversas.
- Falta de iluminación, un elemento básico para garantir o uso da pista en horario de tarde-noite. Non contemplaba a iluminación da pista.
- Problemas na canalización das augas, que provocan filtracións e caída de auga na zona de acceso das persoas usuarias.
- Inexistencia dun sistema de apertura automática, imprescindible para a xestión eficiente da instalación.
O novo goberno municipal xa está a traballar na subsanación destas deficiencias e incorporará as partidas necesarias nos próximos orzamentos para completar a actuación. O obxectivo é ofrecer unha instalación de calidade, segura e plenamente operativa para o desfrute de todas as persoas usuarias.
O Concello agradece a comprensión e pide desculpas polas molestias que este atraso poida ocasionar. Estamos a traballar con rigor e responsabilidade para ofrecer o mellor servizo público posible.