• 2025-11-25 12:32:52
    Servizos Sociais

    O Concello de Touro súmase un ano máis á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, reiterando o seu firme compromiso coa igualdade, coa protección das vítimas e coa loita decidida contra todas as formas de violencia machista.



    A violencia contra as mulleres é unha vulneración intolerable dos dereitos humanos que afecta a toda a sociedade. Non é un asunto privado nin individual: é un problema que require a implicación colectiva, institucional e cidadá.



    Neste 25N, erguemos a voz para dicir alto e claro: tolerancia cero coa violencia machista. Nin unha menos. Se eres vítima ou coñeces a alguén que o sexa chama o 016 ( teléfono gratuíto e confidencial). 



    Adjuntos: