• 2025-11-27 18:12:29
    Concello

    A Corporación Municipal de Touro celebrará hoxe, xoves 27 de novembro, un pleno extraordinario ás 21 horas.

    O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 da Coruña declarou nulos todos os acordos plenarios do 9 de novembro de 2023, sesión na que se aprobara o salario do anterior alcalde, Roberto Castro, de 30.240 euros brutos anuais por unha xornada parcial mínima de 30 horas semanais. Este Xulgado decretounos nulos ao admitir o recurso presentado naquel momento polo concelleiro do PP e actual mandatario, Jesús Reboredo, que fora expulsado dese pleno por Castro, de xeito irregular.

    Hoxe volverase a repetir ese pleno, xa que a sentenza ordenou a celebración do pleno coa mesma orde do día.

    Será ás 21 horas e tamén o podedes seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello no seguinte enlace: https://www.youtube.com/live/LSnVTAUFmvk



    Adjuntos: