• 2026-01-13 10:58:55
    Concello

    O Concello de Touro, a través da Concellería de Medio Ambiente que lidera o edil Darío Rey, informa á veciñanza de que xa está dispoñible un modelo oficial para acreditar a condición de persoa interesada no procedemento administrativo de autorización do PIE Cobre San Rafael, así como en todos os procedementos conexos, incluído o outorgamento de dereitos mineiros.

    Nos últimos días, a Consellería de Economía e Industria está a requirir expresamente que as persoas afectadas soliciten o recoñecemento formal desta condición, polo que resulta fundamental realizar este trámite canto antes

    Apoio desde o Concello
    A veciñanza contará coa axuda de persoal municipal para cubrir e rexistrar correctamente a solicitude.
    Documentación necesaria para acudir ao Concello:

    DNI da persoa interesada.
    No caso de persoas propietarias de terreos ou inmobles no concello, deberán achegar tamén copia das escrituras ou calquera outro documento que acredite a propiedade.

    Se queres facer o trámite de xeito telemático xa podes descargar os modelos na web do Concello de Touro e tamén os adxuntamos por aquí. Compartimos o enlace a continuación: https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/3222:modelo-e-apoio-municipal-para-acreditar-a-co...