-
NOVO PROXECTO DE SANEAMENTO EN VILAR2026-02-04 14:59:35ConcelloO Concello de Touro impulsa un proxecto de mellora do saneamento en Vilar, que se levará ao pleno extraordinario de mañá, xoves 5 de febreiro, ás 21:00, dentro do plan POS.
As actuacións previstas inclúen a instalación dunha nova rede municipal de saneamento con tubaxes, pozos de rexistro, así como a implantación dunha depuradora de augas fecais. Ademais, unha vez rematadas as obras, procederase ao arranxo e asfaltado do vial afectado polos traballos, mellorando así o viario por onde se canaliza o saneamento.