-
O GOBERNO APROBARÁ HOXE DISTINTAS MELLORAS EN VIAIS2026-02-05 10:06:39Concello
O goberno municipal de Touro aprobará no pleno extraordinario de hoxe, xoves 5 de febreiro, que será ás 21 horas, distintas actuacións, dentro do programa POS da Deputación da Coruña. Entre elas, figuran melloras viarias de Turces por Ribeira, en Quión e Loxo.- Pista de Turces por Ribeira cara o monte. Preténdese a mellora da capa de rodaxe dun viario dividido en 3 treitos de 660x4 m., 310x4,5 m. e 705x4,20 m., así como un total de 420 m² de abanicos, con 5 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 surf, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico superficial. Finalmente contemplase a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a renovación dunha drenaxe, a colocación de 40 m. de cuneta de seguridade e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo s símbolos.
- Viario no núcleo na Muiña Vella, en Quión. Preténdese Pretendese a mellora da capa de rodaxe dun viario dividido en 3 treitos de 180x3,5 m., 90x4m. e 120x4 m., así como 300 m² de abanicos, con 5 cm. de aglomerado en quente, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos.
- Viario núcleo Os Bravos, en Loxo. Preténdese a mellora da capa de rodaxe dun viario de 290x3,5 m., así como 300 m² de abanicos, con 5 cm. de aglomerado en quente, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos.