-
RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO DAS PARROQUIAS DE PREVEDIÑOS, SAN MIGUEL DE VILAR E LOXO2026-02-05 20:00:00Concello
O goberno municipal de Touro aprobará no pleno extraordinario de hoxe, xoves 5 de febreiro, que terá lugar ás 21 horas, a renovación do alumeado público nas parroquias de Prevediños, San Miguel de Vilar e Loxo. Estas actuacións incluiranse no programa POS da Deputación da Coruña.
Consistirá na substitución das luminarias de tecnoloxía de descarga (VSAP 70 W e similares) por novas luminarias LED de alta eficiencia, regulables e conformes aos criterios establecidos polo IDAE e a normativa vixente en materia de eficiencia enerxética e contaminación luminosa. Así mesmo, as actuacións inclúen a substitución dos cadros de protección, mando e medida, e das caixas de derivación asociadas aos puntos de luz. Isto terá distintas vantaxes como reducir o consumo enerxético, mellorar a eficiencia luminosa ou minimizar a contaminación lumínica.
Estes dous proxectos de alumeado supoñen un aforro anual aproximado para o concello de 30.000€ na factura da luz. O goberno traballa para deixar aprobados todos os pendentes nas diferentes parroquias no que queda de lexislatura.