• 2026-02-06 10:30:00
    Concello


    O goberno municipal de Touro aprobou no pleno extraordinario de onte a rehabilitación e cambio de uso da escola de Santiso de Cornado para centro social. 

    O obxecto deste proxecto é outorgar unha segunda vida a esta antiga escola como centro social. Debido ao seu estado actual, exponse a rehabilitación do edificio para adecuala ás condicións de uso, salubridade e habitabilidade para o novo uso. 

    Con este proxecto, o goberno municipal sigue avanzando no pacto de gobernabilidade ao rehabilitar e darlle un novo uso a tres antigas escolas que estaban abandonadas




    Adjuntos: