-
DIRTY SUC, CABEZA DE CARTEL DO ULLA FEST 20262026-02-06 20:08:25Cultura e TurismoO Ulla Fest celebrará a súa III edición o vindeiro 13 de febreiro, en pleno Entroido de Touro, cun novo formato que reforza a súa ambición de converterse nun festival de referencia durante o Entroido en Galicia.
Aproveitando a forte tradición do Entroido en Touro e a súa proximidade a Santiago de Compostela, o Ulla Fest consolídase como unha cita estratéxica para gozar da música en directo nun ambiente festivo e participativo.
O gran protagonista desta edición será Dirty Suc, que exercerá como cabeza de cartel nun dos mellores momentos da súa carreira. O artista chega ao festival cun directo intenso e auténtico, no que presentará o seu novo traballo sen esquecer os temas que o converteron nunha referencia da escena urbana actual. Con centos de miles de oíntes mensuais en Spotify e unha xira que percorre cidades como Oviedo, Barcelona, Valencia ou Madrid, Dirty Suc garante un concerto potente e de gran conexión co público. No seu repertorio non faltan colaboracións con artistas como Hard GZ, Alsafir ou 9louro.
Xunto a el, o Ulla Fest 2026 contará cun cartel no que destacan Willow GHZ, Lil Sam, MOVINFAST, DJ Capy, Kike Varela e Lg1do, considerado o artista urbano revelación do que levamos de 2026, configurando unha programación diversa e actual.
O festival celebrarase nunha carpa climatizada situada no Campo da Festa de Fonte Díaz, en pleno centro de Touro, e contará con entrada gratuíta, formando parte das actividades centrais da programación do Entroido.
O deseño do cartel é unha homenaxe aos Xenerais da Ulla