• 2026-02-09 13:02:52
    Cultura e Turismo

    O Concello de Touro prepárase para celebrar a súa programación de Entroido que terá lugar o venres 13 e o sábado 14
    Por unha banda, organiza o festival Ulla Fest: Tempos de Entroido que celebrará a súa III edición este venres 13 de febreiro, con entrada gratuíta, na carpa climatizada de Fonte Díaz e con grandes artistas, sendo o protagonista desta edición Dirty Suc.

    O sábado 14 de febreiro celebrarase unha xornada de Entroido coa música de Os Atrevidos de 17:00 a 18:00 horas, o atranque dos Xenerais da Ulla ás 18:00 e un concurso de disfraces no que o Concello repartirá 2.000 euros en premios. Arrancará ás 18:15 horas. A partir das 19:00 horas terá lugar a degustación de filloas e orellas, acompañada de novo pola charanga.

    Premios: No concurso de disfraces haberá distintos premios económicos repartidos en varias categorías. Na modalidade infantil e xuvenil individual (ata 14 anos) outorgaranse 150 euros ao primeiro premio e 100 euros ao segundo. Para parellas ou grupos infantís e xuvenís, os premios serán de 250 e 200 euros. En categoría adulta individual, tamén se entregarán 150 e 100 euros, mentres que en adultos en parella ou grupo haberá premios de 250 e 200 euros. Ademais, as asociacións poderán optar a 350 euros para o primeiro posto e 250 para o segundo.
    Inscrición: As persoas participantes deberán recoller o dorsal o propio día do concurso entre as 17:00 e as 18:00 horas na carpa de Fonte Díaz, sendo este paso obrigatorio para poder concursar. O certame como indicamos liñas máis arriba comenzará ás 18:15 horas. O prazo de inscricións xa está aberto ata o propio 14 de febreiro, podendo formalizarse no Rexistro Municipal, en horario de apertura do Consistorio, na sede electrónica do Concello ou o mesmo día do evento no lugar da celebración.
    Adxuntamos carteis con toda a información. Anímate a desfrutar do Entroido en Touro!



    Adjuntos: