-
ANDAINA 8 M: CAMIÑO DA IGUALDADE2026-02-13 10:35:11Servizos SociaisOs Concellos de Touro, Vedra e Boqueixón organizan unha andaina de 15 km para conmemorar o Día da Muller.
Será o domingo 8 de marzo con saída diante do Concello de Touro entre as 9:30 e as 10:00 horas.
As prazas son limitadas, é gratuíta pero é necesario inscribirse e hai de prazo para facelo ata o 2 de marzo nos teléfonos 981 504 029 (Touro), 981 513 106 (Boqueixón), 699 041 486 (Vedra) ou a través do enlace:
https://forms.gle/5wznZKS613qMksUj6