-
ÉXITO DO ENTROIDO DO CONCELLO DE TOURO2026-02-15 21:35:43Cultura e Turismo
Este sábado 14 de febreiro, celebramos o Entroido en Fonte Díaz organizado polo Concello. Repartimos 2.000 euros en premios, recoñecendo o esforzo, a imaxinación e o bo humor das persoas participantes. Ademais tampouco faltaron a boa música, os Xenerais da Ulla e a degustación de produtos típicos desta época. Grazas a todas e todos por facer do Entroido unha festa inesquecible. Nas redes sociais do Concello de Touro podedes ver todas as fotos desta celebración.

