-
XVII FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO O 28 DE FEBREIRO2026-02-23 19:51:11CulturaO vindeiro sábado 28 de febreiro terá lugar no noso municipio o XVII Festival de Teatro Escolar de Touro. Esta mañá tivo lugar a presentación desta iniciativa no Concello
A programación comezará ás 10:00 horas co Roteiro teatral, poético e musical na Aldea de Dioño (Cornado) no que participarán a aula de Teatro do CPI Fonte Díaz, as pandereteiras Axóuxeres de Cornado e A Pinguela de Bama.
Ás 12:00 horas a aula de teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, a aula de teatro do IES Cacheiras e o obradoiro municipal de treatro de Palas de Rei presentarán a obra MODO AVIÓN na Casa da Cultura de Touro. (Adxuntamos foto da presentación e cartel da cita)
