-
APROBADO O PROXECTO DE MELLORA DO CAMIÑO DE QUINTÁS A CORNEDA NO CONCELLO DE TOURO2026-02-27 20:16:05Desenvolvemento LocalO goberno local de Touro aprobou o proxecto de mellora do camiño que une Quintás con Corneda.
Este vial sitúase na parroquia de Prevediños e dá acceso e servizo aos núcleos de poboación de Quintáns, Sanguñedo e Corneda, conectándoos con outros lugares do municipio a través da estrada AC-240.
As actuacións previstas inclúen a pavimentación mediante o estendido dunha nova capa de rodaxe con aglomerado, a limpeza e apertura de cunetas (gabias), a instalación dunha nova canalización de drenaxe e a mellora da sinalización viaria. Neste sentido, colocaranse sinais verticais de STOP nos cruces coas vías adxacentes e procederase ao pintado das correspondentes marcas viarias.
A intervención abranguerá preto de 2 quilómetros de estrada. Este proxecto dá cumprimento aos principios do acordo de goberno entre o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro Darío Rey, ao priorizar a mellora das estradas que dan servizo directo aos núcleos de poboación e ás vías que comunican cos principais lugares de traballo, estudo e servizos. Executarase con fondos do Plan Camiña Rural