-
O CONCELLO DE TOURO CONTRATARÁ A 8 TRABALLADORES, DUPLICANDO A CIFRA DO ANO ANTERIOR, AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 20262026-03-03 12:50:40EmpregoO Concello de Touro aprobou as bases e a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación temporal de oito persoas traballadoras a xornada completa durante nove meses, no marco do Programa PEL-Concellos 2026 da Deputación da Coruña. Dita contratación está financiada pola Deputación e cofinanciada polo Concello.
As contratacións realizaranse mediante o sistema de oposición e permitirán reforzar a execución de obras e servizos mínimos municipais. As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio. (O anuncio saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do pasado 25 de febreiro https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/25/2026_0000001064.pdf As bases completas tamén se pode consultar no taboleiro electrónico do Concello de Touro.Os postos ofertados son:- 4 prazas de operario/a de obras públicas
- 2 prazas de operario/a de xardinaría
- 1 praza de albanel oficial de 2ª
- 1 praza de tractorista
Todos os contratos serán a xornada completa (100%) e terán unha duración de nove meses, cunha data límite de finalización fixada no 31 de decembro de 2026.
O programa está financiado pola Deputación da Coruña (e cofinanciado polo Concello) e ten como obxectivo apoiar aos concellos na prestación de servizos básicos municipais, incluíndo mantemento de vías públicas, limpeza, conservación de espazos verdes e pequenas obras de reparación en infraestruturas municipais. “O Concello fixo un esforzo importante duplicando o número de persoal a contratar para formar parte das brigadas de obras cunha achega económica importante do Concello. Isto tamén se suma a que, despois de moitos anos, presentamos unha solicitude para volver dispoñer dun obradoiro de emprego formativo en Touro, polo que estamos apostando polos programas de emprego e por ter persoal propio para poder executar obras”, salienta o goberno local.