• 2026-03-08 12:04:24
    Servizos Sociais


    Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller.

    Unha data para recoñecer a loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos e para poñer en valor o seu papel fundamental na sociedade, na cultura, na economía e na vida do noso municipio.

    Dende o Concello de Touro reafirmamos o noso compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes, traballando cada día por unha sociedade máis xusta, libre de discriminacións e violencias.

    Porque a igualdade non é só unha meta, é un camiño que debemos percorrer xuntas e xuntos.



    Adjuntos: