-
ADQUISICIÓN DE SOLO PÚBLICO EN FONTE DÍAZ2026-03-11 12:32:18ConcelloO Concello de Touro incluirá nos novos orzamentos a adquisición de solo público en Fonte Díaz
Un dos puntos básicos do acordo é a dotación de fondos (60.000 € inicialmente) para a adquisición de solo público en Fonte Díaz, co fin de cedelo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a construción de vivenda social. Estes fondos tamén permitirán reservar espazos para futuras infraestruturas municipais estratéxicas, como a creación dun centro de día, unha demanda histórica da veciñanza.
Esta medida que se inclúe nos Orzamentos dá cumprimento aos principios do acordo de goberno entre o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro Darío Rey