• 2026-03-20 16:53:53
    Concello

    O Concello de Touro continúa acometendo melloras das que carecía o proxecto inicial da pista de pádel. Así está levando a cabo a instalación da iluminación artificial co obxectivo de que ditas instalacións se poidan usar tamén durante a noite. Tamén dotará a este espazo dun sistema automático de apertura, que funcionará dun xeito similar ao do pavillón municipal, así como de lonas. Está previsto que as obras estean rematadas e que se poña en funcionamento antes de Semana Santa.



    Adjuntos: