-
O SD TOURO FEMININO FINALISTA NA COPA DO SAR!!!2026-04-02 18:34:33Deportes
Dende o Concello de Touro queremos felicitar ao Touro feminino pola súa clasificación para a final da Copa do Sar, un merecido recoñecemento ao esforzo, compromiso e traballo realizado ao longo da tempada.
Desexámosvos moita sorte na final que se disputará o vindeiro 6 de xuño. Estamos moi orgullosos de vós e de todo o que representades para o deporte e para o noso concello. Moita forza e a pola final!