-
II DESAFÍO GRAVEL ULLA TAMBRE POR TOURO2026-04-08 19:59:59DeportesTouro será o escenario do II Desafío Gravel Ulla Tambre organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural o vindeiro 30 de maio.
Hoxe tivo lugar a presentación na área recreativa de Brandelos, en Touro. A proba contará con dous circuítos que discorrerán integramente polo concello de Touro, ofrecendo un percorrido espectacular para todos os participantes con paso por Brandelos, Foxás, Ribeira... A saída e meta será en Fonte Díaz. As inscricións son de balde e abriranse mañá, 9 de abril, ás 12:00 h na plataforma de Sportmaniacs.
