• 2026-04-10 12:24:57
    Deportes


    O ximnasio municipal de Touro xa conta con novo equipamento e xa está en funcionamento. 

    Deste xeito conta cunha máquina de hip thrust, unha de extensión de cuádriceps e de femorais sentado, un banco novo, unha máquina para facer pectoral e espalda e unha escaladora para a zona de cardio.

    Lembramos que o ximnasio está aberto ao público os 365 días do ano de 7:00 a 00:00 horas e accédese a través do móbil realizando reserva previa a través da web do Concello. (A través do seguinte enlace): https://appreservas.com/reservas_galileo/64a52036cdb02ebe03507c92/instalaciones/64a520c5cdb02ebe03507c98



    Adjuntos: