• 2026-04-14 21:02:30
    Concello

    O Concello de Touro a través da Concellería de Medio Ambiente solicita unha subvención para a eliminación de especies invasoras na marxe fluvial do Río Ulla. En concreto, solicitou unha axuda para levar a cabo a eliminación de especies invasoras en dúas áreas concretas da marxe fluvial do Río Ulla, en plena Rede Natura 2000.
    Precisamente en Touro levarase a cabo a eliminación na ribeira do Ulla da mimosa (Acacia dealbata) para evitar o rebrote a dispersión por semilla e por outra banda, a eliminación de bambú (Phyllostachys aurea) tamén para evitar o rebrote. Cabe mencionar que as especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de biodiversidade no mundo, moitas delas plantadas como ornamentais pola sociedade, por descoñecemento, ou dispersados polos propios e propias veciños/as pola falta de coñecemento da súa problemática.



    Adjuntos: