-
O CONCELLO DE TOURO ACTIVA O NOVO SERVIZO DE VIXILANCIA DE PISTAS FORESTAIS2026-04-17 20:37:38ConcelloO Concello de Touro xa puxo en marcha o servizo de vixilancia de pistas forestais, unha iniciativa que non existía ata o de agora e que permitirá mellorar a conservación do noso entorno natural. Xa se realizaron as primeiras actuacións para reparar danos en pistas forestais e tamén en rutas de sendeirismo, co obxectivo de devolvelas ao seu estado óptimo para o uso e desfrute de toda a veciñanza.
Se detectas algunha incidencia, podes comunicala ao Concello para a súa tramitación:- A través da aplicación Touro Informa
- Chamando ao Concello (981 50 40 29)
- Ou mediante correo electrónico ( correo@concellodetouro.gal)