• 2026-04-19 11:21:42
    Emprego

    O Concello de Touro recibe unha subvención da Xunta de 454.552 € para o obradoiro dual de emprego Touro–Boimorto–O Pino

    Despois de moitos anos, o noso Concello volveu solicitar unha axuda para promover un obradoiro de emprego e acaba de ser concedida por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Este programa permitirá a formación e contratación de 20 alumnos/as traballadores/as durante 9 meses nas especialidades de:

    •  Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
    •  Conservación e mellora de montes

    O obradoiro comezará o 1 de xuño de 2026 e desenvolverase en colaboración cos concellos de Boimorto e O Pino, contribuíndo á mellora do emprego e á posta en valor do noso territorio.

    En Touro levaranse a cabo, entre outras, accións na Parcela Cancela de Frádega, na Parcela Chousa de San Xoán e na Parcela Coto de San Sebastián. 

    Seguimos apostando pola formación e as oportunidades laborais para a veciñanza



    Adjuntos: