• 2026-04-21 21:20:09
    Desenvolvemento Local


    O Concello de Touro vén de obter unha subvención de 65.000 € da Xunta de Galicia para a rehabilitación dun inmoble situado no lugar de Empalme-Vilar e convertelo en vivenda pública. O Concello de Touro é un dos 16 municipios de galegos que lograron esta axuda. Esta actuación permitirá a mellora integral do inmoble cun investimento total superior aos 100.000 €, co obxectivo de destinalo a alugueiro social e contribuír ao impulso demográfico no municipio.

    Cabe mencionar que este goberno local tamén aprobou a rehabilitación da antiga escola das Goritas como vivenda pública sendo parte da liña estratéxica do proxecto de goberno acordado para desenvolver políticas de vivenda accesible, co obxectivo de evitar que familias traballadoras teñan que trasladarse a concellos próximos por falta de opcións residenciais. Así mesmo nos novos orzamentos municipais, un dos puntos básicos do acordo foi a dotación de fondos (60.000 € inicialmente) para a adquisición de solo público en Fonte Díaz, co fin de cedelo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a construción de vivenda social.



    Adjuntos: