• 2026-04-23 12:10:56
    Desenvolvemento Local

    O Goberno Municipal de Touro puxo en marcha un novo plan de accións de desbroce e mantemento das zonas públicas nas parroquias, actuando en áreas recreativas, espazos comúns e núcleos de poboación co obxectivo de mellorar a imaxe, a seguridade e o benestar veciñal.

    Ao mesmo tempo, tamén comezaron os traballos de desbroce nas vías públicas. Este ano, por primeira vez, estas actuacións irán máis alá dos desbroces puntuais nas datas das festas, establecendo unha planificación máis ampla e continua ao longo do ano.

    Ademais, leváronse a cabo labores específicos para retirar as hedras das carballeiras do municipio, garantindo así a súa conservación, saúde e posta en valor como parte fundamental do noso patrimonio natural. Seguimos traballando para coidar cada parroquia e cada recuncho do noso concello.



    Adjuntos: