-
OBRIGACIÓN DE XESTIONAR A BIOMASA PARA PREVIR OS INCENDIOS FORESTAIS2026-04-24 13:06:57EmpregoLémbrase ás persoas propietarias de terreos situados en faixas secundarias de protección contra incendios que teñen a responsabilidade de retirar a biomasa forestal nestas zonas. Trátase de franxas de 50 metros arredor de solo urbano, urbanizable e núcleos rurais, nas que non está permitida a presenza de especies como piñeiro, eucalipto, mimosa, acacia, xesta, fieito, toxo ou silva.
A cidadanía pode consultar os terreos incluídos nestas faixas no visor da Xunta de Galicia: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
Unha vez realizadas as tarefas de limpeza, é necesario avisar ao Concello para proceder ao peche do expediente, ben presencialmente no rexistro ou a través da sede electrónica.